Inicio > Destacados > Aberto o prazo de inscrición para o Encontro de familias e Irmáns de Almería

O prazo para participar no 19º Encontro de familias e o 11º Encontro de Irmáns e Irmás de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual está aberto ata o próximo 16 de setembro as 10:00 horas.

Asalsido Down Almería, en co-organización con DOWN ESPAÑA, colle o testemuño de Down Compostela e organiza o evento deste ano, que terá lugar do 31 de outubro ao 3 de novembro.

Ambos eventos desenvolveranse conxuntamente. A cita inaugurarase no Auditorio municipal Maestro Padilla o 31 de outubro e transcorrerá en instalacións da Universidade de Almería.

Para poder asistir a esta cita anual, os interesados deberán realizar o proceso de preinscrición a través do seguinte enlace: http://encuentrodefamiliasdown.com/

Tras esta primeira fase de preinscrición, as prazas definitivas asignaranse a través dun sorteo on-line no que tomarán parte os números de todas as familias prerexistradas. Este sorteo realizarase o 19 de setembro. As familias que obteñan praza no sorteo terán entón un prazo de 5 días para realizar o pago de inscrición.

O 19º Encontro de familias de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual ten como obxectivos:

– Apoiar ás familias para debater como facer posible o respecto dos dereitos e a vida independente dos seus fillos e fillas.

– Potenciar o debate, a vinculación e o intercambio de experiencias entre as persoas asistentes.

– Dar protagonismo ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias.

– Gozar e compartir momentos de lecer e tempo libre con outras familias para aumentar a cohesión entre o colectivo.