Inicio > Destacados > Camiño cara a inclusión

O martes 17 e xoves 19 de setembro comezamos co noso proxecto Camiño cara a inclusión, no que buscamos favorecer a inclusión das persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual a través do Camiño de Santiago. Trátase dun proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

O martes, realizamos un obradoiro sobre o Camiño de Santiago no que, divididos en cinco equipos diferentes, investigamos de forma lúdica sobre datos e curiosidades acerca do Camiño.

Despois desta primeira toma de contacto, o xoves 19 fixemos unha xincana  para coñecer algúns dos lugares emblemáticos por onde pasa o Camiño Primitivo na nosa cidade.

Para levar a cabo a xincana os/as participantes dividíronse en equipos. Cada equipo levaba un mapa cun percorrido marcado e uns lugares aos que debía chegar para unha vez alí, realizar unha proba que lles daría unha peza dun crebacabezas. Ao chegar ao punto de encontro de tódolos equipos, a Ponte Romana, construíron o crebacabezas coas pezas conseguidas o cal descubría unha imaxe desta famosa ponte por diante e un pequeno resumo da súa historia por detrás. Nesta xincana contamos coa colaboración de 5 persoas voluntarias da Asociación Sénior de Telefónica de Lugo (ASTELU).

Despois destas dúas experiencias tan interesantes, estamos desexando que chegue xa o próximo día no que poidamos seguir investigando acerca do Camiño de Santiago.