Inicio > Destacados > Celebramos o Entroido en Down Lugo

O martes 18 de febreiro celebramos na Asociación a Festa de Entroido. Este ano tanto os usuarios e usuarias como os/as profesionais poñían toda a súa creatividade en distintas actuacións dando lugar a un Got Talent moi divertido.

Ao longo da tarde foron saíndo ao improvisado escenario distintos personaxes. Dende un mago coa súa axudante Lúa, pasando por varios grupos musicais, solistas e un intérprete de acordeón con moito xeito ata un grupo de animadoras e o coñecido “El Cejas” fixeron que a festa fose todo un éxito.

A festa comezou ás 17h coas actuacións que un xurado moi esixente ía valorando unha vez remataban.

Ao rematar o concurso todxs desfrutamos dunha merenda estupenda, grazas ás roscas, filloas, orellas… que trouxeron tanto os usuarios/as como as súas familias.