Inicio > Destacados > Dous rapaces da nosa entidade realizarán prácticas formativas en oficinas de BBVA da provincia

Un ano máis, e tras o éxito de experiencias anteriores, varios rapaces con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais terán a oportunidade de visibilizar as súas capacidades á hora de desempeñar un posto de traballo, promocionando desta forma a súa inclusión socio-laboral, gracias á colaboración de BBVA

Laura del Cerro e Adrián Maside, dous rapaces da nosa entidades, actualizarán este ano a súa formación como auxiliar de oficina na nova edición do programa de prácticas formativas impulsadas pola Federación Down Galicia e a entidade bancaria.

Así, os dous rapaces traballarán en sesións de catro horas diarias desempeñando diversas actividades administrativas. Laura o fará durante o mes de agosto na oficina que BBVA ten en Becerreá, mentres que Adrián levará a cano as súas funcións os meses de setembro e outubro na oficina do centro de Lugo.

O programa de prácticas de BBVA

Dende o ano 2012, máis de 100 rapaces beneficiáronse deste programa promovido por BBVA en colaboración coa Federación Down Galicia. Agora, a iniciativa repítese outro ano na comunidade autónoma co obxectivo de obter en 2019 tan bos resultados como os xerados nas súas anteriores edicións.

A experiencia adquirida polos rapaces coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais gracias a este programa lles favorecerá as posibilidades de inserción laboral posterior, ademais de mellorar as súas posibilidades sociais. As prácticas desenvolveranse en 7 oficinas de BBVA de toda Galicia, onde a entidade bancaria espera xerar unha experiencia moi positiva e de gran valor, non soamente para os rapaces participantes, senón tamén para os empregados e empregadas do banco.