Inicio > Noticias > Down Galicia crea un apartado web con distintos recursos para traballar e divertirse sen saír da casa

A Federación Down Galicia vén de lanzar un apartado na súa web para que públicos de todas as idades, con e sen discapacidade, conten con información e recursos variados para exercitar o corpo e a mente e poder divertirse durante o confinamento no que estamos inmersos por mor da crise sanitaria do COVID-19.

Deste xeito, as persoas usuarias da páxina de Down Galicia poderán atopar actividades para traballar desde a casa, xogos, contidos audiovisuais, contos, aplicacións web e móbiles de interese, enlaces directos a conferencias online e centos de ideas para levar a cabo no seu tempo de lecer.

Este espazo, ao que se lle deu o nome de “Recursos Down”, foi elaborado con materiais facilitados por entidades membro da Federación Down España, así como con material propio e outros enlaces web de interese.

Accede directamente ao apartado “Recursos Down” nesta ligazón.