Inicio > Destacados > Down Lugo suspende as súas actividades presenciais seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia

Seguindo as recomendacións e decisións tomadas polas autoridades competentes en relación á evolución do coronavirus (COVID-19), Down Lugo suspende as súas actividades presenciais dende o 16 de marzo de 2020.

Dende a entidade seguimos prestando apoio ás persoas usuarias e ás súas familias a través do Servizo de información, orientación e apoio psicolóxico, así como proporcionándolles pautas, recomendación e recursos de interese para estes días que nos está tocando vivir.

Ademais dende Down Lugo estamos traballando para proporcionar ás nosas persoas usuarias sesións e apoios formativos a través de medios virtuais no caso de prolongarse esta situación.

A este respecto sinalar que Down Galicia acaba de lanzar un apartado na súa web para que públicos de todas as idades, con e sen discapacidade, conten con información e recursos variados para entreterse durante o confinamento no que estamos inmersos denominado “Recursos Down”.