Inicio > Sin categoría > Down Lugo suspende as súas actividades seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia

A Consellería de Política Social e a Consellería de Sanidade publicaron o pasado xoves un “Protocolo conxunto para os centros de servizos sociais a consecuencia da situación e evolución do coronavirus (COVID-19)”.

As entidades Down de Galicia, seguindo as recomendacións oficiais, suspenden as actividades e os servizos prestados ás persoas usuarias, intentando previr así os contaxios.

Deste xeito, Down Lugo cerra as súas portas durante un período inicial de 14 días.

De ser necesario, seguiranse incorporando as medidas que comuniquen as autoridades sanitarias.