Inicio > Noticias > O Colexio Divino Maestro celebra a súa xornada solidaria con Down Lugo

O venres 20 de decembro recibimos a visita das alumnas e alumnos de Secundaria do Colexio Divino Maestro de Lugo que todos os anos celebran unha xornada solidaria con algunha entidade social.

Durante toda a mañá axudáronos a preparar a nosa festa de Nadal realizando un photocall, e aproveitamos para que coñeceran a Asociación e todas as actividades que levamos a cabo.

Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora.

Moitas grazas por contar con DOWN LUGO!