Inicio > Destacados > O grupo de teatro Down Lugo representa a obra “Soños” no auditorio Gustavo Freire.

O grupo de teatro Down Lugo presentou o pasado sábado, 29 de xuño, a súa obra “Soños”, dirixida por Paloma Lugilde. Un total de 14 mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual presentaron a obra no auditorio Gustavo Freire de Lugo.

A obra “Soños”, caracterizada pola cor, a luz e a boa música, é unha adaptación da obra “Soño dunha noite de verán” de William Shakespeare. A obra, ambientada en Atenas, conta cun variado grupo de personaxes, reais e fantásticos, como Puck, un traveso trasno que intenta cambiar todos os papeis.

A directora explica que o obxectivo que quería conseguir durante este curso era dar un paso máis, traballando con diferentes materiais e tratando temas sociais como o papel da muller, a violencia e a sexualidade.

Esta formación de 14 actores e actrices comezaron  no ano 1996. Teñen realizado numerosas obras e intervencións na rúa xunto o grupo Os Palimoquiños e Espazo 10 Escola Palimoco Teatro Danza. Tamén representaron obras como “Conto de Nadal” de Dickens.