Inicio > Event > Exposición “Unha ollada ao mundo laboral”
11 Marzo, 2020
Deputación de Lugo

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, a Rede TIL (Rede de Técnicos de Inserción Laboral de Lugo) á que pertence Down Lugo, vai expoñer nos corredores da planta principal do Pazo de San Marcos (Deputación de Lugo) a exposición titulada “Unha ollada ao mercado laboral”.

A exposición pretende reflectir a situación actual da muller no mercado de traballo e poderá visitarse do 5 ao 19 de marzo.

Animádevos a visitala!