Inicio > Event > Xincana Medioambiental con ALCOA
26 Setembro, 2019
San Ciprián- Lugo

O xoves 26 de setembro pola tarde desprazarémonos á localidade de San Cibrao para realizar a xincana “Misión medioambiental” cos voluntarios e voluntarias de ALCOA San Cibrao dentro dos Plans de Acción de Fundación ALCOA.

Esta actividade estará formada por varias probas que nos permitirán coñecer diferentes monumentos, lugares emblemáticos, costumes, recursos e o tecido empresarial de San Cibrao, ao tempo que traballaremos nocións relacionadas co medio ambiente.

Será unha tarde moi entretida!