Inicio > Event > Xornada de Mergullo Adaptado no mar
08 Setembro, 2019
9:00-14:00
Portocelo, Xove

Un ano máis a asociación Al Agua Sin Limitaciones convídanos a participar nas IV Xornadas de Buceo Adaptado no mar. A actividade consiste nun bautismo de mergullo a pouca profundidade, entre 2 e 6 metros, para todas aquelas persoas que asistiran en algunha ocasión ás xornadas de mergullo na piscina de Frigsa.

A actividade, salvo inclemencias meteorolóxicas, será o domingo 8 de setembro entre as 9:00 e as 14:00, en Portocelo (Xove).

Ao finalizar o evento, sobre as 15:00, vaise organizar unha comida para todos aqueles participantes e os familiares que así o desexen.