Inicio > Sin categoría > FORMACIÓN E PREPARACIÓN DE OPOSICIÓNS AUTONÓMICAS E ESTATAIS 2019-2020

Nome do proxecto: Formación e preparación de oposición autonómicas e estatais para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Contía da achega: 4.106,38€

Breve descrición do proxecto: A partir da valoración individual de cada persoa con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado a través do cal se asignarán as accións formativas e recursos de apoio necesarios para afrontar unha oposición coas maiores garantías de éxito posible.

En total, beneficiaranse do proxecto un total de 6 participantes da nosa asociación.

Obxectivo xeral do proxecto: Garantir a adquisición e mellora das competencias necesarias para presentarse a un proceso de oposición autonómica e/ou estatal que mellore as súas posibilidades de adaptación persoal ao proceso selectivo, así como de superalo con éxito.