Inicio > Destacados > DOWN LUGO conmemorou o día mundial da síndrome de Down

O 21 de marzo, con motivo do día da síndrome de Down, mozas e mozos da entidade leron diante do Concello o “Manifesto pola promoción da autonomía persoal das persoas con síndrome de Down”.

Posteriormente, acompañados por representantes do Goberno, da Xunta de Galicia, do Concello e da Deputación de Lugo, membros da Asociación Down Lugo caminaron dende o edificio da administración local ata a zona da Porta de San Fernando recorrendo os edificios iluminados con motivo do Día Mundial da síndrome de Down.