Inicio > Destacados > A conselleira de Política Social, Fabiola García, firma convenios de colaboración con Down Lugo, Teima Ferrol e Down Compostela

Doce persoas con síndrome de Down realizarán prácticas en centros e servizos da Xunta en Lugo, Ferrol e Santiago.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o exemplo do Goberno galego ao darlle a oportunidade ás personas con discapacidade de demostrar  a súa valía no ámbito social e profesional. Fíxoo na firma de convenios con Teima Ferrol, Down Lugo e Down Compostela o 29 de marzo de 2019.

Coa firma destes convenios farase posible que doce persoas con síndrome de Down realicen prácticas formativas en diferentes recursos e servizos da Xunta.

Das doce persoas que participaron nesta iniciativa, oito traballarán na residencia de maiores de Caranza en Ferrol, un na residencia de A Milagrosa e outro no centro de valoración de discapacidade en Lugo,  e outras dous persoas prestarán servizos no complexo de San Caetano, en Santiago. A duración das prácticas será de 12 horas semanais ata o 31 de decembro de 2019.

Fabiola García explicou que o obxectivo destas prácticas é dotar aos participantes das competencias e aptitudes necesarias para facilitar a súa integración no mercado laboral, e que ademáis de ser útil para estas personas tamén “será enriquecedor para todas e todos os que teñan a oportunidade de traballar con eles”. Puxo en valor a capacidade destas persoas para superar obstáculos e romper prexuicios, xa que “ante as adversidades demostran esforzo, constancia, e cando lles damos unha oportunidade demostran ser capaces de facer todo o que se propoñen”, afirmou.