Inicio > Noticias > A Consellería de Política Social subvenciona o noso Programa de Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ao posto de traballo

A través desta axuda enmarcada no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, DOWN LUGO leva a cabo o Programa de Voluntariado e Adestramento en Habilidades Complementarias ao Posto de Traballo.

Este programa ten como finalidade contribuír ao adestramento en habilidades complementarias ao posto de traballo para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Lugo que participan no Programa de Emprego con Apoio da nosa Asociación.

Participan nel 4 persoas voluntarias e 21 persoas usuarias da Asociación, e, ao longo de 10 meses, dende xaneiro ata outubro de 2019, están a traballar as habilidades necesarias para desenvolverse de forma satisfactoria nas súas contornas laborais: habilidades sociais, autonomía urbana ou habilidades laborais.

O programa está a ser valorado moi positivamente por todas as persoas participantes, tanto persoas usuarias coma voluntarias, xa que entre o esforzo e o traballo conxunto están conseguindo avances importantes na inserción laboral das persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual.