Inicio > Noticias > A Fundación ONCE concede a Down Lugo unha axuda económica para o proxecto de ampliación e acondicionamento do seu local

A finais do ano pasado a Fundación ONCE concedeu a Down Lugo unha axuda económica de 5.762,24€ para o proxecto de ampliación e acondicionamento do seu local.

Este proyecto ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e a das súas familias dotando dunha infraestrutura á Asociación acorde aos servizos e o número de persoas usuarias que atende actualmente.

Esta axuda recibida da Fundación ONCE foi destinada á primeira fase do proxecto na que se procedeu a adecuar a fachada, carpintería metálica e albanelería do local que limita co actual.

Dende aquí agradecerlle á Fundación ONCE a súa axuda, que nos acerca un pouco máis ao noso obxectivo.