Inicio > > O meu curso de xardinería por Mickel González

En decembro do ano pasado empecei un curso de xardinería que durou 3 meses.

Ía tódolos días polas mañás en bus dende Vilalba ata estación de buses de Lugo e logo ía camiñando da estación ata COGAMI, onde facía a parte teórica. Alí tiña un profesor  de apoio, que se chamaba Rafa,  el explicábame o que tiña que facer e axudábame nas  clases.

No curso  aprendín a plantar tomates, leitugas e cenorias na horta e a podar árbores.

Fixen as prácticas no Concello de Vilalba, facendo tarefas de limpeza na Praia fluvial, xuntaba co restrelo a herba e as follas en pilas.

O que máis me gustou foi cortar o céspede, paseino ben  porque quero aprender para traballar.