Inicio > > O meu equipo de fútbol de Lugo por Fátima Rosón

Fai uns meses na Asociación preguntáronme se quería xogar ao fútbol.

O equipo de fútbol do Lugo quería formar un equipo con persoas con discapacidade. Animeime e comezamos a adestrar no mes de outubro. Somos 32 persoas de diferentes asociacións (Down Lugo, Aspnais, Fundación Eu Son e Prodeme).

O día do adestramento é o venres no campo de Friol, para adestrar collemos o bus en Sindicatos ás 16:00 e hai que estar ás 17:00 en Friol.

As normas de fútbol son traballar en equipo e respectarnos. O campo é rectangular e grande, con dúas porterías.

O equipamiento gustáme moito; a roupa é de cor vermella e azul co escudo de Lugo. O adestrador é unha boa persoa porque te axuda e sempre está pendente de nós e cando vamos ao campo dános auga.

No mes de novembro algúns compañeiros donequipo foron a xogar un torneo en Tarragona. Xogaron 3 partidos e gañaron os 3. Os próximos partidos van a ser en Córdoba e Coruña.