Inicio > > O meu primeiro traballo por Fátima Rosón

O 3 de outubro do ano pasado tiven a miña entrevista de traballo na Residencia Orpea e o 7 dese mesmo mes empecei a traballar.

Fíxome moita ilusión cando cobrei o meu primeiro soldo.

Na residencia son axudante de cociña e as miñas funcións son: montar o comedor, dobrar os panos e tamén fago diferentes tarefas de limpeza.

Para traballar teño que poñer un uniforme e levar o pelo atado. Traballo polas tardes 4 horas de luns a venres, as fines de semana e festivos téñoos libres.

O último venres de cada mes celébranse todos os aniversarios e hai unha festa. Sempre levan a un dúo musical e bailamos todos xuntos, eu pásoo moi ben.

A miña xefa chámase Ángeles e teño moi boa relación con ela e o resto das miñas compañeiras e compañeiros. As persoas maiores que viven alí son moi amables comigo.

Estou súper contenta no meu primeiro traballo e gustaríame seguir traballando alí moito tempo.