Inicio > > A miña viaxe a Lisboa por Javier Fernández

En decembro do ano pasado foi coa miña nai e coa xente de Galicia Infinita de viaxe a Portugal en autobús. Saímos de Lugo moi cedo pola mañá e chegamos a Coimbra, aí empezaba a nosa viaxe onde visitaríamos un montón de lugares. Quedámonos nun hotel moi grande e o almorzo estaba moi rico.

O xoves en Coimbra visitamos o parque temático Portugal dos Pequenitos, que é unha cidade construída a tamaño dos nenos, o que máis me chamou a atención foi o museo do traxe.

Ao día seguinte fomos a Sintra onde vimos o Palacio de Monserrate que era moi bonito e tiña unha historia moi interesante. Pola tarde fomos a ver o Santuario do Cristo Rei en Almada.

O sábado paseamos por Lisboa cun guía que se chamaba Borja e contounos como era Lisboa antes do terremoto de 1755. Tamén collemos o metro ata Marqués de Pombal onde hai unha rotonda moi grande cunha estatua. Nesta cidade visitamos o castelo de San Jorge que está nun outeiro e era moi grande. Pola tarde fomos ao barrio de Belem onde probamos os pasteis tradicionais que me gustaron moito e pola noite fomos a un bar onde había un espectáculo de Fado.

O domingo fomos a Aveiro onde vimos as góndolas e os peixes, había moitos,.

Para despedirnos da cidade, compramos os ovos moles, que un doce tradicional feito de ovos e nos encantaron!