Inicio > Sin categoría > PROGRAMA DE FORTALECEMENTO DE CAPACIDADES PERSOAIS E SOCIAIS PARA MULLERES

Nome do proxecto: Fortalecemento de capacidades persoais e sociais das mulleres do colectivo Down da provincia de Lugo

Contía da achega: 14.822,88€

Breve descrición do proxecto: Consiste no desenvolvemento de plans personalizados de integración dirixidos a proporcionar apoio, coñecementos e ferramentas para que as mulleres destinatarias desenvolvan as habilidades, actitudes e coñecementos necesarios que lles permitan desenvolverse de forma satisfactoria en diferentes ámbitos das súas vidas. As actuacións que o compoñen abarcan diferentes ámbitos, e son:

– Orientación e información sobre recursos, de atención orientación e asesoramento persoal e social e de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos.

– Atención psicolóxica.

– Mediación familiar.

– Actividade formativa para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas a través das novas tecnoloxías.

En total beneficiaranse do proxecto un total de 33 mulleres da nosa Asociación.

Obxectivo xeral do proxecto: Mellorar a calidade de vida das mulleres do colectivo Down a través dun plan personalizado de integración que lles permita adquirir competencias persoais e sociais.