Inicio > Programas > Área complementaria

PROGRAMA DE NOVAS TECNOLOXÍAS

“Chámome Isabel e gústame ir a informática para aprender e manexar o Excel e internet. O que máis me gusta é mandar correos electrónicos e ver vídeos en Youtube”.

Obxectivo

Proporcionar ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual os coñecementos necesarios para o uso adecuado de ferramentas dixitais e a realización de tarefas.

Actuacións

  • Coñecemento dos elementos básicos do ordenador e as súas funcións .
  • Utilización de diferentes programas: Word, Paint, PowerPoint e Excel.
  • Adquisición das habilidades necesarias para levar a cabo as tarefas máis comúns no procesamento de textos, na realización de presentacións, de debuxos, etc. E para o seu almacenamento e impresión.
  • Utilización adecuada e responsable de Internet, como fonte de formación, información, comunicación, expresión e entretemento.
  • Coñecemento das posibilidades que ofrece o ordenador, a pizarra dixital interactiva e as tablets como elementos de aprendizaxe.

 

PROGRAMA DE TEATRO

“Chámome Javier e encántame o teatro. Fixen o papel de Sr. Scrooge na obra Conto de Nadal de Charles Dickens”.

Obxectivo

Esta actividade concíbese como parte fundamental da formación integral das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.

  • Coñecer e coidar o noso corpo.
  • Desenvolver a capacidade comunicativa do corpo e voz.
  • Expresar e transmitir sentimentos e emocións.
  • Elevar a autoestima e a autoconfianza
  • Fomentar hábitos de conducta que potencien a socialización, tolerancia e cooperación entre compañeiros.
  • Ser capaces de crear un proxecto común a través da formación, creación e experimentación.

Actuacións

  • Ensaio e representación de obras teatrais, performance e intervencións especiais por parte do grupo de teatro Down Lugo.
  • Participación en Programa Teatro Aficionado Buxiganga.

PROGRAMA DE TALLERES

“Chámome Isabel e o que máis me gusta é aprender a pintar con pinceles”.

Obxectivo.

Promover a adquisición de novos coñecementos, actitudes e capacidades sobre temas e contidos concretos fomentando o aprendizaxe e a participación.

Ao longo do ano, en función das necesidades detectadas e as propostas das persoas participantes realízanse diferentes obradoiros, fomentado e priorizando a participación activa dos asistentes.

Algúns dos talleres levados a cabo son:

  • Club de Lectura Fácil
  • Musicoterapia
  • Pintura
  • Hábitos saudables
  • Dereitos…