Inicio > Programas > Área formación e emprego

PROGRAMA DE FORMACIÓN LABORAL

“Chámome Fátima e gustaríame moito seguir formándome, facendo cursos, para poder así conseguir un traballo”.

Obxectivo

Fomentar a adquisición e desenvolvemento de habilidades persoais e sociais básicas e de dos coñecementos socio-laborais necesarios para facilitar o acceso e mantemento dun emprego.

Actuacións

  • Realización de sesións de formación destinadas á adquisición de habilidades persoais e sociais relacionadas co emprego.
  • Simulación de diferentes situacións laborais para a posta en práctica dos coñecementos previamente adquiridos.
  • Realización de sesións destinadas a potenciar a motivación e a implicación das persoas participantes na súa propia busca de emprego.
  • Seguimento e apoio do alumnado en procesos de formación en centros ordinarios externos para mellorar a capacitación laboral.
  • Realización de sesións grupais e entrevistas individuais de Orientación Laboral.

 

PROGRAMA DE EMPREGO CON APOIO

“Son Alba, teño 27 anos. Para o futuro, o que me gustaría é seguir traballando no Decathlon porque me fai feliz”.

Obxectivo

Facilitar a inclusión socio-laboral das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual no mercado laboral ordinario a través da metodoloxía de emprego con apoio.

Actuacións

  • Valoración das capacidades, habilidades e actitudes das persoas demandantes dun emprego establecendo para elas un plan personalizado de inclusión laboral.
  • Busca e posta en contacto con empresas públicas e privadas susceptibles de colaborar no programa.
  • Axuste da persoa usuaria ao posto de traballo: análise do posto, realización de adaptacións, etc.
  • Prestación de apoio por parte do Preparador ou Preparadora Laboral, encargado do adestramento  no posto e traballo, tanto de tarefas como de habilidades.
  • Seguimento do desenvolvemento do proceso durante toda a duración do contrato.
  • Realización de entrevistas e reunións periódicas coas familias para informar sobre o desenvolvemento da inclusión laboral da súa familia e para potenciar a súa implicación e colaboración co programa.