Inicio > Programas > Área transversal

PROGRAMA DE ATENCIÓN A FAMILIAS

“En Down Lugo encontro apoio, información e moita tranquilidade porque vexo un futuro para a miña filla” Aurora, nai dunha rapaza coa síndrome de Down.

Obxectivo

Mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down ao largo de todo o seu ciclo vital, favorecendo o seu desenvolvemento e evolución, e a das súas familias. Para iso intervense no núcleo familiar considerado como principal axente socializador.

Actuacións

    • Prestar  información e orientación a familias sobre temas de interese.
    • Intervención individual con familias.
    • Intervención directa en situacións de crisis na familia.
    • Servicio de acollida de novos pais.
    • Grupos de autoaxuda de pais e nais: grupos de información e formación sobre experiencias e necesidades grupais.
    • Organización de accións formativas: charlas e cursos sobre temas específicos a cargo de expertos.
    • Apoio e respiro familiar: servicio de canguro en espazos de ocio para os rapaces/as durante o traballo coas súas  familias.
    • Organización de Encontros e reunións de familias.
    • Adquisición de material bibliográfico especializado e vídeos.
    • Subscrición a revistas especializadas.

 

PROGRAMA DE AUTONOMÍA

“Chámome Isabel, teño 22 anos e estou moi contenta porque hoxe me dixeron que ía a  facer unhas prácticas no Carrefour. Agora estou vivindo cos meus pais, pero nun futuro gustaríame vivir soa”.

Obxectivo

Fomentar a adquisición e desenvolvemento de capacidades e habilidades que potencien a autonomía persoal, social, urbana e doméstica das persoas coa síndrome de Down nas diferentes etapas da súa vida.

Actuacións

  1. Autonomía persoal, social e urbana
  • Realización de sesións formativas grupais nas que se traballan as habilidades necesarias para manexarse de forma autónoma no entorno: habilidades sociais, normas de cortesía, toma de decisións, desprazamentos pola cidade, etc.
  • Traballo de aspectos básicos da autonomía persoal, como hábitos e rutinas de aseo e vestido.
  • Traslado do aprendizaxe adquirido na aula ao entorno natural.
  1. Autonomía doméstica
  • Realización de sesións formativas destinadas a poñer en prácticas as habilidades necesarias para a xestión do fogar: realización de tarefas domésticas, elaboración de receitas sinxelas, realización de pequenas compras e recados, manexo dos electrodomésticos, etc.

Este Programa inclúese na  Área Transversal posto que se fomenta  a xeneralización das habilidades adquiridas nas aulas nos diferentes contextos da vida cotiá da persoa.

 

PROGRAMA DE OCIO E TIEMPO LIBRE

“Chámome Carla e teño 20 anos. Gústame a moda, viaxar, escoitar música, ir a praia e ir ao cine cos meus amigos e amigas (como a calquera chica da miña idade)”

Obxectivo

Proporcionar os apoios necesarios para que as persoas participantes adquiran as habilidades necesarias para desfrutar do seu tempo de ocio da forma máis autónoma posible, fomentando ao mesmo tempo a inclusión social e o uso dos servizos ordinarios da comunidade na que viven.

Actuacións

  1. Saídas de Ocio
  • Prestación de apoio na planificación e deseño na aula das actividades de ocio en función dos gustos, preferencias, propostas e demandas das propias persoas usuarias.
  • Prestación de apoio na posta en práctica das actividades de ocio previamente planificadas.
  • Fomento da autoxestión na organización, planificación e posta en prácticas das actividades e ocio polas propias persoas usuarias.
  1. Actividades deportivas
  • Fomento e prestación de apoio ás persoas participantes para a práctica de diferentes actividades deportivas en función das súas características e necesidades: natación, ximnasia, andainas pola cidade, tenis de mesa, etc.
  • Prestación de apoios individualizados ás persoas que realizan actividades deportivas de maneira individual.

 

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN E COMUNICACIÓN

Obxectivo

Realizar unha labor de concienciación cidadá no noso entorno social e difundir unha información real, positiva e aloxada de tópicos acerca das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Actuacións

  • Contactos con medios de comunicación locais.
  • Participación en accións formativas.
  • Programación e realización de actividades de información e sensibilización no ámbito escolar, laboral, sanitario, etc.
  • Organización de conferencias e charlas informativas sobre a síndrome de Down dirixidas ao público en xeral.
  • Participación na formación práctica de estudantes no ámbito educativo e sociosanitario.
  • Edición e distribución de pósters, trípticos informativos e material audiovisual diverso.
  • Participación en actividades de divulgación organizadas polas entidades locais: xornadas, exposicións, etc.
  • Fomento do uso da linguaxe adecuado nos medios de comunicación en relación coa síndrome de Down.