Inicio > Programas > Área vida adulta e independente

PROGRAMA DE FORMACIÓN DE ADULTOS

“Chámome Marcos e estou formándome. Preparo as competencias clave de galego e matemáticas para poder buscar traballo nun futuro”.

Obxectivo

Fomentar que as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual adquiren as habilidades básicas e polivalentes necesarias para unha formación integral como persoas y/o para a inclusión no mundo social-laboral.

Actuacións

  1. Logopedia
  • Realización de sesións individuais para promover o afianzamento e a mellora das habilidades lingüísticas e comunicativas que permitan ás persoas usuarias participar activamente nos diferentes ambientes nos que viven.
  1. Habilidades Instrumentais
  • Realización de sesións formativas con actividades encamiñadas a mellorar tanto as habilidades académico-funcionais (manexo do euro, reloxo e calendario) como as habilidades comunicativas (comprensión e expresión oral e escrita)
  1. Acciones formativas e de reforzo
  • Realización de accións formativas e de apoio a aquelas persoas usuarias que continúan a súa formación unha vez terminada a etapa educativa obrigatoria: preparación de probas de Competencias Clave e ESO.

 

PROGRAMA DE EDUCACIÓN EMOCIONAL Y AFECTIVA

“Chámome Fran, teño 31 anos, vivo en Lugo e teño a síndrome de Down. Nestes momentos estoy estudando para conseguir unha praza na Xunta. O que máis me gustaría facer nun futuro é vivir coa miña parella”.

Obxectivo

Fomentar nas persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual a formación e consolidación dunha identidade tanto individual como colectiva sólida, que lles permita desenvolverse socialmente dunha forma plena.

Actuacións

  • Desenvolvemento de sesións para a posta en práctica de dinámicas destinadas  a aumentar a autoestima para os participantes, mellorar as súas habilidades sociais e xerar un maior coñecemento e confianza mutuos.
  • Simulación de diferentes situación para fomentar a expresión de opinións e a toma de decisións responsable analizando o compoñente afectivo e emocional das mesmas.
  • Xeración de espazos de comunicación nos que os participantes comparten cos demais integrantes do grupo as súas experiencias persoais.

PROGRAMA DE VIDA INDEPENDENTE

“Son Laura, teño 33 anos e nun futuro o que máis me  gustaría é ter unha casa propia”.

Obxectivo

Fomentar nas persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual a adquisición e desenvolvemento de recursos, capacidades e habilidades que potencien a vida autónoma, independente e autoxestionada.

Actuacións

  • Prestación de apoio durante as estancias temporais na vivenda que posúe a Asociación destinada a este programa. Nestas estancias os participantes deben desenvolverse todas as tarefas e actividades da súa vida diaria, dunha forma o máis autónoma posible, tanto na vivenda como na comunidade, potenciando dese modo a súa autonomía persoal, social e doméstica.

 

PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

“Son Modesto, teño 49 anos e agora estou na Asociación de Síndrome de Down porque me gusta seguir aprendendo cousas novas e ter as miñas actividades de ocio”.

Obxectivo

Manter e mellorar a calidade de vida das persoas que se encontran na fase de senectude, ou que están en proceso de envellecemento prematuro, potenciando o seu desenvolvemento persoal e a súa participación social.

Actuacións

  1. Estimulación Cognitiva
  • Realización de diferentes actividades destinadas a traballar as capacidades cognitivas (memoria, atención, orientación, linguaxe…) e reforzar os aprendizaxes académico-funcionais.
  1. Autonomía
  • Realización de actividades destinadas a mellorar e potenciar as habilidades de autonomía persoas, social, urbana e doméstica.
  1. Tempo de ocio e desenvolvemento persoal
  • Prestación de apoio e mediación no desenvolvemento de actividades de ocio programadas en función dos gustos e intereses das persoas participantes, fomentando en todo momento a súa participación social activa.