Inicio > Destacados > Saída de ocio coas voluntarias e voluntarios de “la Caixa”

A pasada fin de semana, dentro do noso programa de Ocio e Tempo Libre, dous grupos de rapazas e rapaces puideron desfrutar das súas actividades deportivas coa compañía das voluntarias e voluntarios de “la Caixa”.

Un dos grupos participou no bautismo de mergullo organizado pola Asociación Al agua sin limitaciones na piscina de Frigsa, onde puideron desfrutar da experiencia de mergullo por primeira vez.

O outro grupo de rapaces desfrutou dunha tarde de pádel no Club 4cPadel no barrio da Milagrosa onde entre todos xogaron un partido e practicaron diferentes pases.

Dende aquí queremos agradecer ás voluntarias/os de “la Caixa” a súa participación nas nosas saídas de ocio e á Asociación Al agua sin limitaciones por invitarnos outro ano máis a participar no bautismo de mergullo.