Inicio > Destacados > Saúl consegue o seu obxectivo: Xa é indefinido!

O esforzo, a capacidade e a ilusión de Saúl Montoya, membro da nosa entidade, acaban de dar os seus froitos: Firmou o seu primeiro contrato indefinido con Feu Vert. Moitos parabéns Sául!

Saúl leva traballando na empresa dende o ano 2016 como axudante de tenda. As funcións que realiza con moi variadas, recepción de mercancías, comprobación de albarás, a reposición e a colocación de produtos e a limpeza dos mesmo, entre outras.

Feuvert, compañía líder no sector de mantemento do automóbil, é tamén un referente no campo da inclusión socio-laboral. Dende o ano 2015 colabora, por propia iniciariva, co programa de Emprego con Apoio da Federación de Down Galicia, mediante o que incorporaron o seu equipo a persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Na actualidade conta con medio centenar de persoas con discapacidade.

Moitas gracias por contar con nós!