Inicio > Destacados > Seguimos co noso Camiño cara á inclusión

Durante este mes do outubro seguimos traballando no noso proxecto Camiño cara á inclusión, realizando diferentes obradoiros os martes pola tarde.

Nestes obradoiros os/as participantes buscan e descobren información sobre o Camiño de Santiago, ao tempo que elaboran distintos materiais que lles serán moi proveitosos para realizar un tramo do Camiño, dende San Paio á Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela a fin de semana do 26 e 27 de outubro.

Algúns dos materiais elaborados son unha Guía con información básica e unha recompilación de historias e curiosidades do Camiño. Tamén están preparando un xogo de preguntas para utilizar polas diferentes zonas polas que van pasar.

Ademais están aproveitando estes obradoiros para planificar todo o que precisarán para levar a cabo as dúas etapas: procura de albergue, credenciais, que necesitan levar na mochila, onde comer…

As actividades realizadas están resultando interesantes e útiles para todos/as, participando con moita ilusión en cada una delas.

O obxectivo final deste proxecto é favorecer a inclusión das persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual a través do Camiño de Santiago. Trátase dun proxecto beneficiario do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.