Inicio > Destacados > Obradoiro “As Nosas Pegadas”

O pasado mes de decembro a nosa entidade tivo o pracer de colaborar con FADAS (Federación de Asociacións do Ámbito Social de Lugo) dentro do proxecto “Un mundo mellor para as nosas crianzas”.

Trátase dun proxecto de sensibilización nos centros de ensino. No noso caso, acudimos ao CEIP das Mercedes o 4 de decembro.

Alí, levamos a cabo o obradoiro “As Nosas Pegadas”, que consistía nun teatriño de sombras sobre o libro “O elefante Elmer”.

Concretamente, participaron 39 alumnos e alumnas de dúas clases de 6º de Educación Infantil. Escoitaron a historia, observaron o teatriño, colorearon o seu Elmer e finalmente, entre todos, elaboraron un elefante xigante de recordo para cada clase.

Ademais de pasalo moi ben durante esa xornada, tamén se conseguiu introducir o concepto da inclusión social. Os nenos e nenas entenderon que todas as persoas somos diferentes e que, precisamente iso, é o que nos enriquece.

Dende Down Lugo quedamos encantados de participar neste fermoso proxecto e esperamos  vernos na seguinte aventura!