Inicio > Noticias > Tardes co Club de Petanca de Lugo

O luns 23 e martes 24 de setembro estivemos no Parque da Milagrosa cos integrantes do Club de Petanca de Lugo, que nos ensinaron as regras e técnicas básicas sobre este deporte e nos ofreceron consellos que nos serán moi útiles para as nosas próximas partidas de petanca. Moitas grazas ao Club de Petanca de Lugo por esta experiencia  que esperamos repetir!