Inicio > Destacados > Únete ao noso Club de Lectura!

Co comezo deste ano novo retomamos o noso Club de Lectura, que temos en marcha na Biblioteca Pública de Lugo.

A lectura comezará o próximo 15 de xaneiro e nela poderá participar todo aquel que queira, teña ou non discapacidade.

A actividade seguirá realizándose os mércores pola mañá, de 10:30 a 11:30 horas, na sala multiusos da biblioteca.

Este club púxose en marca fai 9 anos, contando só con 4 participantes. Foi crecendo ata chegar a día de hoxe a estar formado por 9 persoas de diferentes idades, as cales se reúnen todas as semanas para comentar e traballar sobre a lectura.

Este 2020 comezaremos un novo libro, o cal foi escollido en consenso por todo o grupo. Entre os libros máis votados saíron Mary Poppins, Ivanhoe e Moby Dick; todos eles de aventuras.

Despois de moito dialogar entre eles/as, o libro gañador foi… Mary Poppins!!. Con el desfrutaremos ata o mes de xuño a través de actividades de diferente tipoloxía.

Anímate a participar!