{"id":8116,"date":"2025-03-26T08:50:14","date_gmt":"2025-03-26T08:50:14","guid":{"rendered":"https:\/\/downlugo.org\/?p=8116"},"modified":"2025-03-26T08:50:14","modified_gmt":"2025-03-26T08:50:14","slug":"duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/","title":{"rendered":"D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria"},"content":{"rendered":"<p>O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) v\u00e9n de emitir a sentenza correspondente ao recurso contencioso-administrativo presentado en xullo de 2024 pola Federaci\u00f3n Down Galicia contra a\u00a0<em>Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participaci\u00f3n no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educaci\u00f3n primaria, educaci\u00f3n secundaria obrigatoria e educaci\u00f3n especial en centros docentes sostidos con fondos p\u00fablicos para o curso escolar 2024\/25<\/em>\u00a0da Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n, Ciencia, Universidades e Formaci\u00f3n Profesional.<\/p>\n<p>Como xa pasou coa sentenza relativa ao anterior recurso contencioso-administrativo presentado por Down Galicia contra a mesma orde de axudas para adquirir libros de texto e material escolar do curso 2023\/2024, neste documento,\u00a0<strong>o m\u00e1ximo \u00f3rgano do poder xudicial en Galicia d\u00e1 novamente a raz\u00f3n \u00e1 Federaci\u00f3n ao considerar discriminatoria a mencionada normativa<\/strong>. Nas s\u00faas p\u00e1xinas, a sentenza indica que \u00e9 indubidable a diferenza de trato que a orde dispensa ao alumnado con necesidades espec\u00edficas de apoio educativo escolarizado en centros ordinarios en modalidade inclusiva ou que non alcancen un determinado grao de discapacidade (65%), respecto do alumnado escolarizado en centros espec\u00edficos de educaci\u00f3n especial ou en unidades de educaci\u00f3n especial en centros ordinarios.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, a sentenza recolle que\u00a0<em>\u201cnon se atopa xustificaci\u00f3n razoable para conceder as axudas prioritariamente a quen reciba educaci\u00f3n en centros espec\u00edficos ou en unidades de educaci\u00f3n especial de centros ordinarios\u201d<\/em>, pois vai en contra da primac\u00eda que se debe outorgar \u00e1 educaci\u00f3n inclusiva, e fai fincap\u00e9 en que \u201c<em>se vulnera o principio de igualdade\u201d\u00a0<\/em>no acceso \u00e1s axudas, ao exclu\u00edr ou fixar condici\u00f3ns m\u00e1is restritivas, baseadas na renda familiar, ao alumnado en r\u00e9xime de inclusi\u00f3n educativa fronte ao alumnado en r\u00e9xime de educaci\u00f3n especial.<\/p>\n<p><strong>En resumo, a sentenza estima integramente o recurso presentado pola Federaci\u00f3n Down Galicia, anulando as disposici\u00f3ns impugnadas e resaltando que a normativa establece unha inxustificada diferenza de trato que infrinxe o artigo 14 da Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola e vulnera o dereito fundamental \u00e1 educaci\u00f3n inclusiva.<\/strong><\/p>\n<p>Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, considera que a orde recorrida\u00a0<em>\u201cestablec\u00eda unha discriminaci\u00f3n clara en prexu\u00edzo da educaci\u00f3n ordinaria\u201d\u00a0<\/em>e destaca que\u00a0<em>\u201c\u00e1 vista do resultado desta nova sentenza, confiamos en que a Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n adec\u00fae por fin a orde e consiga que sexa igual para todos e todas dunha vez\u201d.<\/em><\/p>\n<p><strong>Presentaci\u00f3n dun novo recurso ante unha normativa discriminatoria<\/strong><\/p>\n<p>Este \u00e9 xa o segundo recurso contencioso-administrativo que a Federaci\u00f3n Down Galicia presenta contra unha orde de axudas para adquirir libros de texto e material escolar da Xunta, trala presentada o ano pasado contra a mesma convocatoria referida ao curso escolar 2023\/2024.<\/p>\n<p>Naquel momento, tras m\u00e1is de dez anos de reclamaci\u00f3ns \u00e1 Xunta de Galicia, Down Galicia decidiu presentar o primeiro recurso contencioso-administrativo contra esta orde de axudas, base\u00e1ndose na clara\u00a0<strong>discriminaci\u00f3n da normativa cara o alumnado que aposta pola educaci\u00f3n inclusiva<\/strong>.<\/p>\n<p>No seu momento, o presidente de Down Galicia explicaba que\u00a0<em>\u201cdespois de 10 anos esperando a que a Conseller\u00eda rectificase unha orde claramente discriminatoria e vendo que continuaban incumprindo a s\u00faa promesa de traballar en conxunto para modificala, non nos quedou m\u00e1is remedio que acudir \u00e1 v\u00eda xudicial para que a xustiza se pronunciase sobre este tema e as ordes dos pr\u00f3ximos anos sexan xustas e igualitarias para con todo o alumnado con discapacidade\u201d<\/em>.<\/p>\n<p>A reivindicaci\u00f3n do Movemento Down en Galicia, iniciada no ano 2014, sempre se centrou na necesidade de que todo o alumnado con necesidades espec\u00edficas de apoio educativo fose tratado en igualdade de condici\u00f3ns, independentemente do seu grao de discapacidade ou do tipo de escolarizaci\u00f3n. \u00c9 dicir, que\u00a0<strong>a orde contemplase os mesmos requisitos para o alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33% independentemente do centro educativo que escolla para ser educado: ordinario ou espec\u00edfico<\/strong>.<\/p>\n<p>Sen embargo, as ordes de axudas de libros e material escolar da Xunta de Galicia incorporan un r\u00e9xime diferenciado e espec\u00edfico nas axudas dos libros de texto e material escolar para, por un lado, o alumnado matriculado en Educaci\u00f3n Especial, en centros espec\u00edficos ou en unidades de Educaci\u00f3n Especial de centros ordinarios; e, por outro, para o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.<\/p>\n<p>Deste xeito, o alumnado matriculado en r\u00e9xime de educaci\u00f3n especial recibir\u00e1 a cont\u00eda m\u00e1is alta para adquirir libros de texto (300\u20ac), as\u00ed como para material escolar (75\u20ac), sen ning\u00fan tipo de requisito m\u00e1is que estar matriculado nun centro de educaci\u00f3n especial ou an\u00e1logo, mentres que a cont\u00eda da axuda para o alumnado con discapacidade escolarizado en educaci\u00f3n ordinaria depender\u00e1 da renda\u00a0<em>per c\u00e1pita\u00a0<\/em>da unidade familiar e, no caso das axudas para a adquisici\u00f3n de libros de texto, non alcanza en ning\u00fan momento a cantidade m\u00e1xima.<\/p>\n<p>O mesmo sucede con aqueles alumnos ou alumnas cunha\u00a0<strong>discapacidade igual ou superior ao 65%<\/strong>, xa que reciben a cont\u00eda m\u00e1is alta sen ter que cumprir ning\u00fan outro requisito.<\/p>\n<p><strong>Modificaci\u00f3n da orde por parte da Administraci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Trala publicaci\u00f3n da anterior sentenza en xu\u00f1o de 2024, a Federaci\u00f3n Down Galicia enviou un escrito dirixido \u00e1 Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n, Ciencia, Universidades e Formaci\u00f3n Profesional,\u00a0<strong>solicitando a modificaci\u00f3n da orde para o presente curso escolar 2024\/2025<\/strong>, publicada nos mesmos termos que as anteriores, coa fin de adaptala \u00e1 sentenza do TSXG.<\/p>\n<p>Mais a Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n\u00a0<strong>non fixo nada por modificar esta convocatoria de axudas<\/strong>\u00a0nin deu resposta ao escrito da Federaci\u00f3n. \u00c9 por iso que\u00a0<strong>Down Galicia se veu obrigada a presentar un novo recurso contencioso-administrativo<\/strong>\u00a0contra a mencionada normativa.<\/p>\n<p>C\u00f3mpre indicar que\u00a0<strong>a primeira sentenza do 26 de xu\u00f1o de 2024 foi xa declarada firme<\/strong>\u00a0o 23 de outubro de 2024 por non ter sido impugnada pola Xunta de Galicia, polo que a Federaci\u00f3n Down Galicia espera que a administraci\u00f3n auton\u00f3mica cumpra nesta ocasi\u00f3n coa lexislaci\u00f3n e te\u00f1a en conta estas sentenzas antes da publicaci\u00f3n da orde de axuda de libros e material escolar correspondente ao curso escolar 25-26.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><strong>A educaci\u00f3n inclusiva, opci\u00f3n preferente segundo a xurisprudencia espa\u00f1ola<\/strong><\/p>\n<p>A Federaci\u00f3n Down Galicia celebra esta nova sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xa que, ademais de considerar novamente discriminatoria a orde recorrida, pon de manifesto unha vez m\u00e1is que a educaci\u00f3n inclusiva \u00e9 a opci\u00f3n prevalente segundo a xurisprudencia do Tribunal Supremo e a doutrina do Tribunal Constitucional.<\/p>\n<p>Para a defensa deste recurso, Down Galicia decidiu contar por segunda vez con\u00a0<strong>Juan Rodr\u00edguez Zapatero<\/strong>, experto en dereito administrativo e en cuesti\u00f3ns xur\u00eddicas sobre discapacidade, especialmente, sobre educaci\u00f3n inclusiva, quen destaca tres aspectos esenciais desta sentenza.<\/p>\n<p>En primeiro lugar, a sentenza declara esta orde incompatible, non s\u00f3 coa lexislaci\u00f3n educativa, sen\u00f3n coa Convenci\u00f3n sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, a diferenza de trato e o feito de dar prevalencia nas axudas escolares a alumnado con discapacidade polo feito de estar matriculados en centros espec\u00edficos ou unidades espec\u00edficas en centros ordinarios. E di literalmente a sentenza que \u201ctodos os alumnos con discapacidade merecen o mesmo trato e iso ten que ter o seu reflexo nas axudas econ\u00f3micas\u201d.<\/p>\n<p>Por outra banda, debe destacarse que\u00a0<strong>a sentenza rexeita na s\u00faa totalidade a argumentaci\u00f3n da Xunta de Galicia para xustificar esa diferenza de trato en funci\u00f3n do grao de discapacidade<\/strong>. \u00c9 contundente ao destacar que a valoraci\u00f3n do grao de discapacidade non pode servir como par\u00e1metro obxectivo para establecer ese trato dispar \u201cpois non ten vinculaci\u00f3n algunha coas necesidades educativas do alumno con discapacidade\u201d. A xu\u00edzo de Rodr\u00edguez Zapatero, \u201ceste pronunciamento da sentenza \u00e9 transcendente porque en moitas ocasi\u00f3ns conf\u00fandese o grao de discapacidade coas necesidades educativas do alumnado e de a\u00ed derivan moitas actuaci\u00f3ns lesivas e prexudiciais para alumnos e alumnas con discapacidade\u201d.<\/p>\n<p>Contin\u00faa o avogado dicindo que\u00a0<strong>a sentenza \u00e9 tam\u00e9n rotunda<\/strong>\u00a0ao destacar que a orde impugnada da Xunta de Galicia lesionou o artigo 14 da Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola e o dereito fundamental \u00e1 educaci\u00f3n inclusiva \u201cque \u00e9 a prevalente segundo a xurisprudencia do Tribunal Supremo e a doutrina do Tribunal Constitucional\u201d.<\/p>\n<p><strong>Rodr\u00edguez Zapatero<\/strong>\u00a0concl\u00fae indicando que \u201cpor todo o anterior,\u00a0<strong>a Xunta de Galicia debe, de maneira inmediata, axustar as pr\u00f3ximas convocatorias de axudas escolares a alumnado con discapacidade en funci\u00f3n dos pronunciamentos destas sentenzas que lle vinculan xur\u00eddica, moral e politicamente<\/strong>\u201d. \u201cQuero destacar, por \u00faltimo, a tarefa de Down Galicia e o compromiso e o empe\u00f1o que tivo a Federaci\u00f3n e os seus integrantes para lograr finalmente evitar unha discriminaci\u00f3n m\u00e1is para o alumnado con discapacidade e en favor do dereito fundamental \u00e1 educaci\u00f3n inclusiva\u201d, remata.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) v\u00e9n de emitir a sentenza correspondente ao recurso contencioso-administrativo presentado en xullo de 2024 pola Federaci\u00f3n Down Galicia contra a\u00a0Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participaci\u00f3n no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":8114,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[152],"tags":[170,155,244],"class_list":{"0":"post-8116","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","7":"category-novas","8":"tag-down-galicia-gl","9":"tag-down-lugo-gl","10":"tag-educacion-inclusiva-gl"},"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.7 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria | Downlugo.org<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"gl_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria | Downlugo.org\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) v\u00e9n de emitir a sentenza correspondente ao recurso contencioso-administrativo presentado en xullo de 2024 pola Federaci\u00f3n Down Galicia contra a\u00a0Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participaci\u00f3n no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Downlugo\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-03-26T08:50:14+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/downlugo.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/0626effd-ef6f-4237-aeca-e21b5f3d6f35-scaled.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"2560\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"2048\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Formacion Downlugo\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Formacion Downlugo\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"7 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Formacion Downlugo\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/b4bfbd518247c1369d7146062e6b922f\"},\"headline\":\"D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria\",\"datePublished\":\"2025-03-26T08:50:14+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/\"},\"wordCount\":1525,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/03\\\/0626effd-ef6f-4237-aeca-e21b5f3d6f35-scaled.jpg\",\"keywords\":[\"Down Galicia\",\"Down Lugo\",\"Educaci\u00f3n inclusiva\"],\"articleSection\":[\"Novas\"],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/\",\"name\":\"D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria | Downlugo.org\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/03\\\/0626effd-ef6f-4237-aeca-e21b5f3d6f35-scaled.jpg\",\"datePublished\":\"2025-03-26T08:50:14+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/03\\\/0626effd-ef6f-4237-aeca-e21b5f3d6f35-scaled.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/03\\\/0626effd-ef6f-4237-aeca-e21b5f3d6f35-scaled.jpg\",\"width\":2560,\"height\":2048},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/home\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/\",\"name\":\"Downlugo\",\"description\":\"\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-ES\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/#organization\",\"name\":\"Asociaci\u00f3n S\u00edndrome de Down Lugo\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-ES\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/03\\\/logo-DL-3.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/03\\\/logo-DL-3.jpg\",\"width\":400,\"height\":124,\"caption\":\"Asociaci\u00f3n S\u00edndrome de Down Lugo\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downlugo.org\\\/gl\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/b4bfbd518247c1369d7146062e6b922f\",\"name\":\"Formacion Downlugo\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria | Downlugo.org","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/","og_locale":"gl_ES","og_type":"article","og_title":"D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria | Downlugo.org","og_description":"O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) v\u00e9n de emitir a sentenza correspondente ao recurso contencioso-administrativo presentado en xullo de 2024 pola Federaci\u00f3n Down Galicia contra a\u00a0Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participaci\u00f3n no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros [&hellip;]","og_url":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/","og_site_name":"Downlugo","article_published_time":"2025-03-26T08:50:14+00:00","og_image":[{"width":2560,"height":2048,"url":"https:\/\/downlugo.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/0626effd-ef6f-4237-aeca-e21b5f3d6f35-scaled.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Formacion Downlugo","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"Formacion Downlugo","Tempo de lectura":"7 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/"},"author":{"name":"Formacion Downlugo","@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/#\/schema\/person\/b4bfbd518247c1369d7146062e6b922f"},"headline":"D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria","datePublished":"2025-03-26T08:50:14+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/"},"wordCount":1525,"publisher":{"@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/downlugo.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/0626effd-ef6f-4237-aeca-e21b5f3d6f35-scaled.jpg","keywords":["Down Galicia","Down Lugo","Educaci\u00f3n inclusiva"],"articleSection":["Novas"],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/","url":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/","name":"D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria | Downlugo.org","isPartOf":{"@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/downlugo.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/0626effd-ef6f-4237-aeca-e21b5f3d6f35-scaled.jpg","datePublished":"2025-03-26T08:50:14+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-ES","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/#primaryimage","url":"https:\/\/downlugo.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/0626effd-ef6f-4237-aeca-e21b5f3d6f35-scaled.jpg","contentUrl":"https:\/\/downlugo.org\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/0626effd-ef6f-4237-aeca-e21b5f3d6f35-scaled.jpg","width":2560,"height":2048},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/duas-sentenzas-do-tsxg-obrigan-a-xunta-a-modificar-a-orde-de-axudas-para-libros-e-material-escolar-por-considerala-discriminatoria\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/home\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"D\u00faas sentenzas do TSXG obrigan \u00e1 Xunta a modificar a orde de axudas para libros e material escolar por considerala discriminatoria"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/#website","url":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/","name":"Downlugo","description":"","publisher":{"@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-ES"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/#organization","name":"Asociaci\u00f3n S\u00edndrome de Down Lugo","url":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-ES","@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/downlugo.org\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/logo-DL-3.jpg","contentUrl":"https:\/\/downlugo.org\/wp-content\/uploads\/2020\/03\/logo-DL-3.jpg","width":400,"height":124,"caption":"Asociaci\u00f3n S\u00edndrome de Down Lugo"},"image":{"@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/#\/schema\/person\/b4bfbd518247c1369d7146062e6b922f","name":"Formacion Downlugo"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8116","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8116"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8116\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8117,"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8116\/revisions\/8117"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8114"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8116"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8116"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/downlugo.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8116"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}