Inicio > Aviso legal

LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO

En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información (L.S.S.I.), dáse a coñecer a seguinte Información Xeral:

Que o dominio www.downlugo.org, a partir de agora SITIO WEB, está rexistrado a nome da ASOCIACIÓN SÍNDROME DOWN DE LUGO (DOWN LUGO), con domicilio social en Rúa Miguel de Cervantes, 34, Baixo – CP 27003 de Lugo ou mediante correo electrónico a downlugo@downlugo.org.; provista de CIF G27202043.

CONDICIÓNS DE USO

I.- PERSOAS USUARIAS

O acceso a e/ou uso do sitio web www.downlugo.org, atribúe a quen o realiza a condición de persoa usuaria, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.

II.- USO DO SITIO WEB, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS

A persoa usuaria comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen infrinxir a lexislación vixente, a boa fe, para os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido, o uso do sitio web con fins ilícitos ou lesivos contra o/a TITULAR ou calquera terceiro, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos ou lexítimas titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos do/da TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre os mesmos.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición das persoas usuarias, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo algún ao sitio web.

 

III.- MODIFICACIÓN UNILATERAL

O/A TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.

IV.- HIPERENLACES

O establecemento de calquera “hiperenlace” entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
  • Salvo consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao/á TITULAR.
  • Baixo ningunha circunstancia, o/a TITULAR será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice o hiperenlace nin das informacións e manifestacións incluídas nas mesmas.
  1. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

O/A TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen traer causa de:

  • A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do sitio web e/ou dos seus servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ou validez do sitio web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas das persoas usuarias.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte das persoas usuarias, dos contidos.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte das persoas usuarias.
  • A falta de legalidade, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición das persoas usuarias no sitio web.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados ás persoas usuarias a través do sitio web.
  1. DURACIÓN

A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido. Sen prexuízo do anterior, o/a TITULAR resérvase o dereito para interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo do sitio web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.

 

VII. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española. ASOCIACIÓN SÍNDROME DOWN DE LUGO (DOWN LUGO), e a persoa usuaria, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio da persoa usuaria para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo do sitio web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.

No caso de que o a persoa usuaria teña o seu domicilio fóra de España, ASOCIACIÓN SÍNDROME DOWN DE LUGO (DOWN LUGO) e a persoa usuaria, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.

USO DE COOKIES

O sitio web www.downlugo.org utiliza cookies cando unha persoa usuaria navega polos sitios e páxinas web do sitio web. As cookies utilizadas polo sitio web asócianse unicamente cunha persoa usuaria anónima e o seu computador e non proporcionan o nome e apelidos da persoa usuaria. Grazas ás cookies, resulta posible recoñecer ás persoas usuarias rexistradas despois de que estas se rexistraran por primeira vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a elas. As cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros provedores. Os datos identificativos da persoa usuaria son cifrados para maior seguridade.

A persoa usuaria ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisada en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco duro. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar o sitio web non resulta necesario que a persoa usuaria permita a instalación das cookies enviadas polo sitio web, sen prexuízo de que en tal caso será necesario que a persoa usuaria se rexistre como tal en cada un dos servizos cuxa prestación requira o previo rexistro. De igual maneira, os nosos servidores web detectan de maneira automática o enderezo IP e o nome de dominio utilizados pola persoa usuaria. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións estatísticas que nos permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos nosos servizos web, etc.