982 240 921

HomeQue facemos e como o facemos?

Que facemos e como o facemos?

Misión

Promocionar e realizar todas aquelas actividades que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down, e en xeral con discapacidade intelectual, a través da inclusión plena e efectiva na sociedade, asumindo o establecido na Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade.

Principios

Diversidade
Dignidade
Autodeterminación
Igualdade de oportunidades
Inclusión

Valores

Coherencia
Compromiso
Efectividade
Participación
Reivindicación
Solidaridad
Unión

Ámbitos de actuación

En Down Lugo consideramos que as persoas coa síndrome de Down deben participar, nas diferentes etapas da súa vida, nas actividades cotiás e habituais do seu entorno social, facendo uso dos recursos normais da comunidade na que viven. Estamos convencidos de que esta é a única vía para que alcance o rol de persoas adultas: membros activos e produtivos da sociedade, responsables, e con capacidade para tomar decisións.

Para o éxito de este modelo é necesario que a persoa coa síndrome de Down conte cos apoios individualizados e axudas puntuais en menor o maior grao, e tamén é necesario incidir no entorno, fomentando cambios de actitude na sociedade.

En este contexto Down Lugo traballa en catro ámbitos:

  1. Defendemos e velamos polo cumprimento dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual recollidos na Convención da ONU, denunciando situacións de discriminación, reivindicando a posta en marcha de medidas que fomenten a igualdade de oportunidades, e propoñendo, a través das plataformas das que formamos parte, melloras lexislativas, que garanticen os dereitos.
  2. Prestamos apoio, información e orientación ás familias: pais e nais, avós, irmán/á de persoas coa síndrome de Down. Consideramos que a familia é clave á hora de deseñar un proxecto de vida para a persoa con discapacidade, algo fundamental para o seu desenvolvemento como persoa.
  3. Realizamos actividades de divulgación e concienciación para promover un cambio social paulatino, baseado nunha actitude positiva e na aceptación das persoas con discapacidade intelectual como parte da diversidade e a condición humana. Pretendemos cambiar o rexeitamento e a compaixón pola comprensión.
  4. Prestamos servizos de apoio ás persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual ao longo de todas as etapas da súa vida, a través do noso Servizo de Promoción da Autonomía Persoal. Para iso dispoñemos dun Centro de Apoio Integral a persoas con discapacidade e unha vivenda para proxectos de vida independente.

Down Lugo