982 240 921

HomeNovos pais

Novos pais

Ola,

Somos pais dunha nena preciosa coa síndrome de Down. Ten 9 anos e cursa segundo de primaria nunha escola ordinaria.

Se acabades de ter un bebé coa síndrome de Down podemos entender como vos sentides porque xa vivimos a situación na que vos encontrades. É normal calquera sentimento que podades ter en estes momentos e non debedes sentirvos culpables por iso. Seguramente vos fagades multitude de preguntas pero non debedes asumir que moitas respostas irán chegando día a día, co paso do tempo. Pensade que todo o que vai a ocorrer nun futuro co voso fillo ou filla probablemente vai a ser moitísimo mellor do que agora vos imaxinades.

Cando naceu a nosa filla, a nosoutros resultounos de moita axuda falar con outros pais e nais porque nos tranquilizou ver que as súas caras non reflexaban tristeza nin amargura. Tamén nos tranquilizou coñecer a outros nenos, mozos e adultos coa síndrome de Down, desfrutando da vida coma calquera persoa.

Se vos apetece non dubidedes en contactar connosco a través da Asociación para charlar do que queirades tomando un café. Parabéns polo voso bebé!!

Neste documento poderás encontrar información que vos pode ser de utilidade neste momento

Tamén podes consultar o seguinte documento

Protocolo Madrid Padre a Padre

As miñas primeiras preguntas

Probas diagnósticas durante o embarazo

  • Se acabades de recibir un diagnóstico prenatal de que o voso futuro bebé ten síndrome de Down é posible que desexedes ter máis información. Animámosvos a poñervos en contacto coa Asociación e estaremos encantados de intentar axudarvos.
  • Se sodes pais ou irmáns dun neno/nena, de un mozo ou dunha persoa adulta coa síndrome de Down e queredes coñecer máis de cerca que facemos na Asociación Down Lugo e cal é a nosa visión sobre a discapacidades, non dubidedes en contactar connosco ou visitarnos.

FAMILIAS