Área inclusión educativa
PROGRAMA DE COORDINACIÓN CON CENTROS EDUCATIVOS
“Grazas á coordinación, recibimos asesoramento,intercambiamos información sobre o alumno/a e establecemos pautas de traballo en común” Bea, orientadora.
Obxectivo
Promover e facilitar a inclusión escolar de todo o alumnado con síndrome de Down nos centros educativos ordinarios.
Actuacións
- Programación de reunións periódicas co equipo docente dos centros educativos.
- Prestación de apoio e asesoramento aos profesores e profesoras de alumnos e alumnas coa síndrome de Down.
- Planificación e elaboración de estratexias educativas coordinadas entre centro educativo, familia e Asociación.
- Asesoramento e participación na elaboración de materiais educativos adaptados: unidades didácticas, etc.
- Organización e realización de xornadas específicas e talleres teórico-prácticos dirixidos a profesionais e estudantes de grado e postgrado do ámbito educativo.
- Entrevistas con autoridades educativas
- Préstamo de materiais e bibliografía específica aos centros educativos.
Contamos cun Convenio de Colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Federación Down Galicia co obxectivo de favorecer a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual, de acordo aos principios de inclusión e normalización.
No seguinte enlace podes consultar o Protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down y/o discapacidade intelectual, que ten como eixo central do dereito de todo o alumnado a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, que promova a súas oportunidades de desenvolvemento persoal, social e laboral ao longo da súa vida.
No Punto virtual de educación de Down Galicia encontrarás diferentes recursos educativos, así como consultar as preguntas máis frecuentes en relación á inclusión educativa, ou realizar as túas propias consultas.
PROGRAMA DE APOYO EDUCATIVO
“Nun futuro gustaríame ir ao instituto, saír cos compañeiros e seguir indo a baile”. Lucía, 9 anos.
Obxectivo
Favorecer a adquisición de contidos instrumentais básicos necesarios para un bo desenvolvemento persoal e social das persoas coa síndrome de Down que se atopan na etapa escolar.
Actuacións
- Realización de sesións individuais destinadas á adquisición e o desenvolvemento das habilidades lingüísticas e comunicativas.
- Habilidades Instrumentais
- Realización de sesións formativas grupais destinadas ao desenvolvemento de habilidades instrumentais : manexo do diñeiro, reloxo e calendario.
- Reforzo escolar
- Prestación de apoio específico aos alumnos e alumnas para reforzar o aprendizaxe de contidos escolares a través de sesións individuais ou grupais de reforzo.