Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
A ONU aprobou en 2015 a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e, con ela, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). É unha chamada mundial para adoptar medidas que acaben cos grandes problemas do mundo: da desigualdade ao medio ambiente, pasando pola saúde e o traballo digno, entre outros.
O papel das ONG na Axenda 2030
Para alcanzar ditos obxectivos, a participación das organizacións da sociedade civil é fundamental.
As ONG teñen un papel protagonista, xa que son un dos maiores motores sociais que, xunto coa política, poden contribuír a lograr as metas.
A función das ONG basease no desenvolvemento de proxectos e programas que, por exemplo, reduzan desigualdades ou apoien a colectivos vulnerables.
Como contribuímos aos obxectivos?
Down Lugo contribúe aos ODS de maneira planificada. Primeiro, identificando sobre que obxectivos ten capacidade de influencia e, seguidamente, desenvolvendo accións e programas que contribúan a alcanzalos.
Así, para maximizar a aportación aos ODS, foi necesario definir as prioridades de Down Lugo, medindo impactos reais e potenciais.
Ademais, foi fundamental integrar o marco da Axenda 2030 no noso traballo diario.
Que obxectivos apoiamos?
Down Lugo colabora en 8 dos 17 obxectivos