982 240 921

HomeMitos e realidades

Mitos e realidades

MITO. A síndrome de Down é unha enfermedad y las personas con síndrome de Down están enfermas

REALIDADE. A síndrome de Down, como tal, no é unha enfermidad, dado que non implica sufrimento persoal nin afecta o benestar da persoa. Nunca poderemos asegurar que unha persoa coa síndrome de Down, si recibe a atención e os apoios necesarios, ten unha vida menos plena ou é menos feliz que se non tivera síndrome de Down. En xeral, as persoas coa síndrome de Down gozan de boa saúde, tanto física como mental, aínda que é certo que, especialmente nos primeiros anos de vida, os nenos e nenas coa síndrome de Down son máis susceptibles de sufrir determinadas patoloxías.

MITO. Existen diferentes graos de síndrome de Down máis leves e máis graves.

REALIDADE. A síndrome de Down é debido á presenza dun cromosoma 21 extra nas células dunha persoa, polo tanto nos existen diferentes graos de síndrome de Down, simplemente se ten ou non se ten [o cromosma 21 extra]. Ocorre que entre as persoas coa síndrome de Down existe a mesma variabilidade que o resto da poboación: cada persoa con síndrome de Down ten unhas características físicas, unhas capacidades e unha personalidade propias en función da herdanza xenética recibida dos seus pais e dos factores ambientais e educativos.

MITO. A síndrome de Down é moi infrecuente

REALIDADE. A incidencia da síndrome de Down é de aproximadamente 1 de cada 700 nacementos. Sen embargo, nas últimas décadas, como consecuencia do diagnóstico prenatal e a posibilidade de interromper voluntariamente a xestación, diminuíu notablemente o índice de nacementos de bebés con síndrome de Down (<1 de cada 1000 nacementos). En base os datos extraídos de enquisas elaboradas polo INE en España hai aproximadamente 34.000 persoas coa síndrome de Down, e en Galicia 1.900. As persoas coa síndrome de Down constitúen aproximadamente o 25% da poboación de persoas con discapacidades intelectuais..

MITO. A síndrome de Down pódese curar.

REALIDAD. A pesar dos grandes avances na investigación xenética relacionada coa síndrome de Down –identificáronse, por exemplo, todos os xenes do cromosoma 21- actualmente non hai ningún tratamento xenético nin farmacolóxico, científicamente demostrado, que podan “curar” ou paliar as manifestacións da síndrome de Down.

MITO. Existe unha predisposición xenética a ter fillos e fillas coa síndrome de Down.

REALIDADE. No 99% dos casos a síndrome de Down prodúcese de maneira completamente aleatoria e non está demostrada a existencia de algún factor xenético que predispoña a ter un fillo ou filla con síndrome de Down. Unicamente en algúns casos de síndrome de Down por translocación existe un compoñente xenético na transmisión do síndrome de Down, pero isto ocorre en menos do 1 % de todos os casos. A síndrome de Down ocorre en culturas e estamentos sociais. Todo o mundo pode concibir e ter un fillo coa síndrome de Down.

MITO. A síndrome de Down prodúcese como consecuencia de malos hábitos da nai durante el embarazo.

REALIDADE. Nada do que os pais dunha persoa coa síndrome de Down fixeron ou deixaron de facer antes ou despois da concepción do seu fillo/a é a causa da síndrome de Down. Non hai culpables. O único factor demostrable que aumenta o risco de ter un fillo/a coa síndrome de Down é a idade da nai, especialmente a partir dos 35 anos.

MITO. A maior parte dos nenos e nenas coa síndrome de Down son nacidos de pais e nais maiores.

REALIDADE. Se ben está demostrado que o aumento da idade da nai aumenta a posibilidade de ter un fillo/a coa síndrome de Down, a realidade é que a maior parte de nenos/as coa síndrome de Down nacen de nais novas, simplemente porque as nais máis novas teñen máis fillos/as, e por tanto, ao non estar en grupo de risco, non se someten a probas diagnósticas prenatais.

MITO. Os nenos coa síndrome de Down son todos iguais, parécense moito entre si.

REALIDADE.Cada persoa coa síndrome de Down é única, froito da herdanza xenética (ADN) recibida dos seus pais e dos factores ambientais baixo os que de desenvolve. O único que comparten as persoas coa síndrome de Down dende o punto de vista xenético é que posúen unha copia extra do cromosoma 21 herdado do seu pais ou de súa nai. Por tanto, un neno/a coa síndrome de Down parécese moito máis os seus pais e irmáns, que a outros nenos coa síndrome de Down. En definitiva, todos somos diferentes. Desgraciadamente, estas características coas que a miúdo soemos asociar as persoas coa síndrome de Down, non nos permite ver que detrás existe unha persoa con unhas características únicas.

MITO. As persoas coa síndrome de Down son sempre nenos e se comportan como tales.

REALIDADE. As persoas coa síndrome de Down teñen un desenvolvemento persoal igual que o resto da poboación e pasan por as diferentes etapas do desenvolvemento: nenez, adolescencia, xuventude, adultez e vellez. O desenvolvemento persoal non está ligado ás dificultades de aprendizaxe. É erróneo e inxusto considerar e tratar ás persoas adultas coa síndrome de Down como a nenos.

MITO. Todos os nenos e nenas coa síndrome de Down son moi cariñosos e felices.

REALIDADE.Como é lóxico, as persoas coa síndrome de Down teñen os mesmos sentimentos e experimentan as mesmas emocións que o resto da poboación. Responden aos sentimentos positivos de amizade e se senten tristes ou enfadados cando son rexeitados ou tratados de maneira desconsiderada. Non hai datos obxectivos e contrastados que demostren que os nenos coa síndrome de Down sexan máis ou menos cariñosos nin máis ou menos felices que o resto da poboación.

MITO. As persoas coa síndrome de Down teñan unha esperanza de vida moi curta.

REALIDADE.A esperanza de vida das persoas coa síndrome de Down aumentou notablemente nos últimos anos, como consecuencia dunha maior e mellor prevención e tratamento dos seus problemas de saúde. A súa esperanza de vida actual ronda os 65 anos e probablemente se incremente nas próximas décadas.

MITO. As persoas coa síndrome de Down teñen unha discapacidade intelectual grave ou moi grave.

REALIDADE. A maioría das persoas coa síndrome de Down teñen unha discapacidade intelectual de grao lixeiro ou moderado o que lles permite aprender a coidarse de si mesmos, ler, escribir, manexar o diñeiro, facer deporte, realizar traballo produtivo, participar na vida cidadá…e, sobre todo, seguir aprendendo porque a capacidade de aprender persistirá toda a vida.

MITO. As persoas coa síndrome de Down teñen problemas de conducta.

REALIDADE. Non hai problemas inherentes a síndrome de Down. A inmensa maioría das persoas coa síndrome de Down, a calquera idade, teñen un comportamento normal e idéntico ao resto da poboación. Poden establecer relacións interpersonais de amizade e afectivas, e vivir en parella.

SÍNDROME DE DOWN