Quero colaborar
Cambiando actitudes. Contigo podemos máis
Esta é a túa colaboración máis valiosa. Adopta unha actitude positiva cara as persoas coa síndrome de Down e con discapacidade en xeral, deixando atrás os teus medos e prexuízos.
- Non te burles de min
- Non me sobreprotexas
- Sé paciente comigo
- Permíteme falar e expresarme
- Respecta as miñas opinións
- Non me trates coma un neno se son un adulto
- Confía en min, son capaz
- Acéptame como son
Difunde esta idea no teu círculo familiar ou entre os teus amigos e amigas. Moitas gracias.
Facéndome socio/a colaborador/a
Comparte os nosos obxectivos e contribúe con unha aportación económica anual. Os socios colaboradores poden asistir as Asambleas Xerais (con voz pero sen voto) e se lles facilita información anual das contas e das actividades levadas a cabo pola Asociación.
[Descargar boletín socio colaborador/doazón puntual]
Como voluntario/a
Buscamos persoas con ganas de compartir parte do seu tempo colaborando nas nosas actividades e axudando a mellorar a calidade de vida das persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual.
Se queres ser un dos/as nosos/as voluntarios/as non dubides en poñerte en contacto connosco.
Ofertando un posto de traballo
Se es empresario podes contribuír a que as persoas con discapacidade vexan recoñecido o seu dereito a traballar. Nós informarémoste sobre as vantaxes fiscais e axudarémoste en todo momento a que a inserción sexa un éxito e con que cas súas capacidades sexa un máis na empresa.
Adquirindo produtos de Down Lugo
- Lotería de Nadal
- Postais de Nadal
- Broches e chaveiros elaborados con material reciclado
- Detalles para celebracións e agasallos para invitados
Estes produtos son elaborados por pais, nais, familiares e amigos de Down Lugo nas súas horas libres. Acéptanse encargos de produtos para empresas, celebracións, etc.