A Consellería de Emprego e Igualdade acaba de conceder unha axuda a Down Lugo a través do Programa de Emprego con Apoio.
Este programa ten como obxecto subvencionar ás entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.
Trátase de favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social con especiais dificultades para a súa inserción laboral.
O período subvencionado por esta axuda abarca dende outubro de 2020 ata setembro de 2021, sendo beneficiarias do mesmo 6 persoas usuarias da nosa entidade.