Que significa realmente a palabra familia? Se acudimos ao dicionario, encontraremos definicións que falan de parentesco e de sangue. Sen embargo, en Down Lugo sabemos dende fai moito tempo que este concepto é infinitamente máis amplo, diverso e profundo.
Hoxe, 15 de maio, sumámonos á celebración do Día Internacional das Familias, unha data idónea para reflexionar sobre o verdadeiro motor da nosa entidade: as persoas que sosteñen, impulsan e acompañan.
As familias son o entorno seguro, o trampolín dende o cal as persoas nos lanzamos a conquistar as nosas metas e a demostrar a nosa valía na sociedade.
Familia é quen te impulsa a superar retos diarios, quen celebra con orgullo cada un dos teus logros, por pequenos que parezan e quen che da a man e, ao mesmo tempo, dáche o espazo necesario para camiñar cara a autonomía.
Nun día coma hoxe, non só queremos felicitar ás familias de cada un/ha dos/as integrantes da nosa asociación. Queremos celebrar a gran familia que construímos aquí cada día.
O equipo profesional, as persoas voluntarias, os socios e socias e cada persoa que cruza as nosas portas formamos unha rede de apoio mutuo. Compartimos alegrías, superamos fochancas xuntos e traballamos cóbado con cóbado cun obxectivo común: derribar barreiras e construír un mundo máis inclusivo. Porque a familia no só nace, tamén se elixe e se constrúe compartindo un mesmo camiño.
A todas as familias que forman parte da nosa entidade, ás que están no día a día do fogar e ás que dan vida a nosa asociación: Grazas polo voso compromiso e a vosa forza!
Feliz Día Internacional das Familias!










