O pasado 13 de maio, a terraza do piso da nosa Asociación transformouse nun espazo de convivencia, natureza e traballo en equipo. Tivemos a sorte de contar, unha vez máis, coa colaboración dun grupo de voluntarios de Caixabank, con quen compartimos unha tarde moi especial.
O obxectivo da xornada estivo claro: poñer a punto o noso horto urbano e deixalo listo para os meses de bo tempo. Traballando cóbado con cóbado preparamos a terra e plantamos unha grande variedade de alimentos que moi pronto empezaremos a ver crecer: tomates, amorodos, leitugas, cabaciñas e allos porros.
Máis alá das tarefas, a tarde converteuse nun espazo de intercambio, risas e aprendizaxe mutuo. Para Down Lugo, esta actividade non só fomenta a autonomía e o contacto ca natureza das nosas persoas usuarias, senón que reforza os lazos coa comunidade grazas a solidariedade de entidades implicadas.
Queremos agradecer de todo corazón ao equipo de voluntarios de Caixabank a súa enerxía, o seu tempo e o seu constante apoio, xa que non é a primeira vez que deciden sumar as súa forzas a nosa entidade. Moitas grazas!










