A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeulle unha axuda a Down Lugo como entidade promotora de programas de Emprego con Apoio.
Esta axuda ten como finalidade financiar os custes laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores e preparadoras laborais que leven a cabo acciones de emprego con apoio.
Grazas a esta axuda Down Lugo financiou os gastos de 3 preparadoras laborais que levaron a cabo os apoios de 5 persoas con discapacidade intelectual dende o 1 de outubro de 2022 ata o 30 de setembro de 2023.
A axuda recibida procede de fondos finalistas procedentes do Servizo Público de Emprego Estatal.