A Fundación ONCE concede a Down Lugo unha axuda económica para o seu proxecto de formación e preparación de oposicións

 

 

 

No mes de marzo a Fundación ONCE concedeu a Down Lugo unha axuda económica destinada ao seu proxecto de Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, dentro da súa convocatoria específica de axudas económicas para zonas menos desenvoltas (-D) e zona máis desenvolta (D2) de selección de operacións para o reforzo da empregabilidade de persoas con discapacidade “Uno a Uno” POISES 2023.

Este proxecto ten como obxectivo garantir a adquisición e mellora das competencias sociolaborais precisas para presentarse a un proceso de oposición que mellore as súas posibilidades de adaptación persoal ao proceso selectivo, así como superalo con éxito.

A formación, que se está desenvolvendo dende o 15 de marzo e rematará o 29 de setembro de 2023, consta de accións formativas grupais e individuais e de formación en postos de traballo en distintas localidades da provincia de Lugo.

Esta axuda económica está cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), en concreto, co Obxectivo Temático 9. Prioridade de Inversión 9.1 Obxectivo específico 9.1.2 relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.

Moitas grazas a Fundación ONCE pola súa axuda.