A Secretaría Xeral de Igualdade concedeunos una axuda neste mes de agosto para o noso Programa de Empoderamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
Este programa, que se está desenvolvendo dende o mes de outubro de 2020, ten como obxectivo principal promover o empoderamento das mulleres en situación de especial vulnerabilidade da nosa entidade a través da participación en diversas actuacións que mobilizarán os recursos que xa teñen e as dotarán doutras habilidades que lles permitirán ter máis control sobre as súas vidas e desenvolver actitudes de toma de decisións.
O programa está formado pola seguintes actuacións:
- Orientación e información sobre recursos de atención, orientación e asesoramento persoal e social e de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos.
- Atención psicolóxica.
- Mediación familiar.
- Actividade formativa para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas a través das Novas Tecnoloxías.
Actualmente están participando no programa 32 mulleres da nosa entidade, e está previsto que o programa finalice no próximo mes de setembro.