A terraza do piso por Marcos Cruz

A Asociación Down Lugo ten un piso que ten unha terraza grande.

Durante este curso fun o responsable da terraza do piso da Asociación.

As tarefas que teño que facer como responsable son: regar as plantas, quitar as malas herbas do horto, regar o horto, avisar á xerente de calquera anomalía que encontre na terraza…

Para estas tarefas teño a axuda de algún compañeiro/a.

Gustaríame moito ser responsable da terraza, porque me gusta que as cousas estean ben colocadas e que as cousas estean ben feitas. Teño unha proposta de mellorar o cuartillo no que gardamos as cousas do horto como as ferramentas. Sería mellor amplialo.

Gustaríame seguir sendo o responsable o curso que vén.