Actuación do grupo de teatro Down Lugo

 

O vindeiro venres, 7 de xuño, o grupo de teatro Down Lugo actuará na residencia “A Milagrosa” en Lugo.

A obra titúlase “Soños” e é unha adaptación da comedia de  William Shakespeare “Soño dunha noite de verán”, dirixida por Palome Lugilde.

A actuación terá comezo ás 18:00 coa finalidade de presentar a obra aos residentes e pasar unha tarde agradable.