ALFABETIZACIÓN E FORMACIÓN BÁSICA EN HABILIDADES INSTRUMENTAIS 2019-2020

Nome do proxecto: Alfabetización e formación básica en habilidades instrumentais para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Contía da achega: 1.566,74€

Breve descrición do proxecto: A partir da valoración individual de cada persoa con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado daquela formación e recursos de apoio que máis se adecúen ás necesidades de cada persoa para garantir a estimulación e mellora da alfabetización e das habilidades instrumentais básicas.

En total, beneficiaranse do proxecto un total de 7 participantes da nosa asociación.

Obxectivo xeral do proxecto: Mellorar e exercitar as habilidades instrumentais básicas nas persoas participantes, que lles permitan unha maior competencia social á hora de desenvolverse de maneira autónoma en actividades da súa vida cotiá.