Este venres, 31 de maio, o CEIP de Cervo organiza unha Carreira Solidaria coa finalidade de recadar fondos para as asociacións ás que pertencen alumnos deste centro. Este ano as asociacións ás que se destinan os beneficios son: Debra, Down Lugo e APNED Lugo.
A actividade consistirá en que cada neno ou nena do centro buscará patrocinadores entre familiares e amigos, explicándolles o destino dos fondos a recadar. Por cada volta recorrida, os patrocinadores doarán unha cantidade de diñeiro.
A carreira terá lugar no campo de fútbol A Veiga, en San Cibrao, ás 11:00 e participarán 125 alumnos do centro.
Estades todos convidados a asistir ao evento!